Como seguimos a construir o CoLab?

Posted · Add Comment

Gustaríache coñecer de primeira man en que consistiron os proxectos do Co-Lab 2017? Queres conversar, coñecer persoas con intereses comúns, intercambiar experiencias e coñecementos? Achégate e participa: o Co-lab construímolo entre todas as persoas interesadas!

Continuamos este Sábado 24 de Marzo no Centro Cívico Cidade Vella de A Coruña co espazo de innovación cidadán.

PROGRAMA

    • 10.30 – 10.45: Presentación do Espazo.

Por Claudia Delso, Concelleira de Participación e Innovación Democrática.

    • 10.45 – 11.40: Presentación dos proxectos Co-lab 2017.

Presentación dos 6 proxectos desenvolvidos no marco do Co-Lab durante o ano 2017, por parte das persoas participantes nas diferentes iniciativas.

    • 11.45 – 13.00: Espazo Aberto: configuración da axenda e conversas.

Espazo aberto para conversar, entre as persoas participantes, sobre o futuro do laboratorio cidadán, as propostas a futuro, etc.

    • 13.05 – 14.00: Posta en común da xornada e próximos pasos.

As persoas participantes comparten o falado co grupo