Preinauguración de Cousateca

Posted · Add Comment

28 Setembro | 19:00h

Centro Cívico Papagaio


Cousateca é unha plataforma que pretende profundizar nas posibilidades e potencialidades habidas na “compartividade“. Como plataforma, orixina un espazo de promoción de anuncios ou ofertas de cousas para prestar ou agasallar, onde a contraprestación sexa o cumprimento das condicións de uso que a propia plataforma, como ferramenta, axudará a especificar. Sen embargo, de modo xeral, queda excluida, toda contraprestación material polo préstamo. Este xoves día 28 de Setembro ás 19:00h celebraremos no Centro Cívico Papagaio (Rúa Hospital, 19. Baixo. 15001 A Coruña) unha primeira xornada de contacto para explicar o que será a plataforma e anunciar o seu xa inminente lanzamento. Durante esta xornada intenvendrán:

  • Arantxa Serantes | Mediadora do Co-Lab no proxecto Cousateca
  • Marc Mena | Desenvolvedor de Cousateca
  • Posta en común | Feedback cos asistentes

A plataforma estará disponíbel o 1 de Outubro de 2017 nunha primeira versión beta pero xa coa posibilidade de subir e solicitar cousas. Inmediatamente despois desa data convocaremos máis encontros para seguir explicando e dinamizando a plataforma mais xa amosando usos prácticos da mesma. Agardamos compartamos moitas cousas!!!!

Podes descargar aquí o cartel da xornada.