Cousateca foi escollido dentro da convocatoria do Colab 2017 como proxecto de Innovación Cidadán xunto a outros 5 proxectos e un equipo de Coordinación, Comunicación e Mediación que traballaremos até finais de ano. O Laboratorio Cidadán é un proxecto de innovación social que ten por misión mellorar a vida das persoas e acadar unha cidadanía máis igualitaria a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables.
Co-Lab concíbese como un espazo de produción e de prototipado de coñecemento, a través de diferentes grupos de traballo e de investigación, que impulsen procesos de innovación cidadá para a transformación social, contribuíndo ao desenvolvemento cultural, social e económico da nosa cidade.