Transaccións inusuais “intelixentes”

Posted · Add Comment

“Habería unha representación formal estándar de transacións, pero tamén unha diversidad aberta de aplicacións que fixeran uso dela. Iso significa que os deseños financieiros non terían que seguir contornos preexistentes e poderían ser desenvoltos nunha ampla variedade de formas, pero podrían seguir estando rexistrados con regulacións” Jaron Lanier

O que plantexa Lanier é algo bastante novidoso e até exótico na súa época. Lanier provén das primeiras xeracións de desenvolvedores e ideólogos da Internet así como do campo da investigación na realidade virtual. Quizais por iso ten unha visión máis ampla e como con certa distancia e perspectiva do fenómeno. É capaz de pensar a Rede e o impacto social das tecnoloxías cunha mirada máis sosegada do normal, non tan acuciada polo seu impacto inminente.

O texto (“Ti non eres un acoplamento”, Lanier) escríbese en 2010. Efectivamente é xa unha data bastante recente apesares de que Lanier leva no ámbito da innovación tecnolóxica dende os tempranos anos 90. Dende aí pensa sobre todo o tipo de produto e estandares que xera a revolución tecnolóxica. Reflexiona sobre o modo en que a tecnoloxía evoluciona producindo derivas e formatos que xa non teñen volta atrás. É dicir, en determinados momentos óptase por un tipo de tecnoloxía, un tipo de implementación da mesma, cunha serie de compatibilidades e posibilidades. O problema é que normalmente esas posibilidades se pechan enseguida. Optamos por determinados formatos para solventar unha situación puntual pero esas solucións terminan sendo a maior parte das veces irreversíbeis. Dende que o Midi cambiou o formato para comunicar e xerar son, toda a industria musical cambiou, e neste caso profundamente, porque mudou o modo en que se concebía a propia “nota musical”. Apartir do Midi, aparte das posibilidades e virtualidades positivas que poida ter a tecnoloxía, estamos xa limitados a concebir sempre a nota vencellada necesariamente a un son, non como anteriormente, cando unha nota podía soar en diferentes afinacións.

Pero en realidade, un exemplo semellante sería a imprenta como tecnoloxía fronte á caligrafía: dalgún xeito a imprenta (e sobre ela os teclados e a escritura dixital) arruinaron a nosa caligrafía, o arte e a artesanía de escribir ben e en diferentes rexistros. Despaciño e boa letra…

“A habilidade de rexistrar ideas complexas, creativas nun formulario estándar transformaría a natureza das finanzas e a súa regulación. Sería posíbel crear un método confidencial e anónimo excepto por orden xudicial para regulacións que rexistren transaccións inusuais” Jaron Lanier

E algo así sucedería con Cousateca. É dicir: precisamos novos contratos para o “intercambio” de cousas. Precisamos contratos ou formalizacións que dalgún xeito vaian alén do contrato mercantil, que reduce toda relación ou traspaso de bens de uso e consumo a unha relación de valor-moeda. O cal, non soamente é unha reducción do tipo de valor (á moeda) senón tamén da complexidade relacional, material, temporal, social, etc. que pode implicar unha transacción. Ou acaso, non xero eu valores, conexións sociais nas miñas transaccións? Non xero tamén unha ecoloxía, según o modo (manufactura) en que está feita a cousa, o uso que lle vaia a dar, o modo en que a porte, a almacene, etc?

En realidade, unha das alternativas máis interesantes a idea de hoxe neste sentido, ou que polo menos, pode ter aplicacións e desenvolvementos neste senso, son as tecnoloxías dos smart contracts, baseadas na cadea criptográfica distribuida entre pares de blockchain. En concreto, o proxecto Ethereum ofrece posibilidades de recollida de información e xeración de información asociada as transaccións até limites ainda por explorar. É dicir, “contratos intelixentes” precisos, diversos, configurábeis segundo os meus desexos, segundo campos variados e ampliábeis dun xeito flexíbel. Deses “contratos intelixentes” baseados en blockchain, Cousateca ofrece algo semellante aplicado directamente ás cousas físicas. Polo de agora, sen necesidade de empregar as bases de datos criptográficas de Ethereum.